DESCUBRINDO... A simetría
A simetría é un deses conceptos matemáticos que, explicados só con palabras, poden parecer abstractos para o alumnado. Pero cando teñen un espello diante, todo cambia. O que antes era unha idea difícil de imaxinar convértese nun descubrimento inmediato, visual e sorprendente. A metade dunha figura transfórmase nun todo, e o que parecía incompleto cobra sentido de súpeto. Traballar a simetría en educación infantil a través de espellos é unha proposta sinxela, accesible e profundamente poderosa. Non require materiais complexos nin longas explicacións : basta con ofrecer un espello e deixar que a curiosidade faga o resto!!! O alumnado observa, proba, xira, achega e afasta o espello, e pouco a pouco comeza a recoñecer que hai formas que “se completan” e outras que non. A simetría deixa de ser teoría para converterse nunha experiencia directa. Un dos momentos máis especiais desta actividade é cando un neno ou nena coloca o espello sobre a metade dun debuxo e ve aparecer a figura enteira....

